Programa Green Campus Facultade de Ciencias Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: a) Solicitarasnse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. b) De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarse a realización de borradores. Igualdade de Xénero Segundo se recolle nas
distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase
incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista,
utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a
intervención en clase de alumnos e alumnas) asimesmo, traballarase para
identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna
para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. No caso de detectar
situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas
para corrixilas. |