Para superar a materia o alumno terá que asistir á totalidade das prácticas do laboratorio, conseguir en cada unha das contribucións (incluíndo os examens parciais no caso que non faga o examen global final) que contabilizan na avaliación unha nota non inferior ao 45% e lograr unha cualificación media igual ou maior de 5 puntos.
A superación das prácticas de laboratorio é un requisito imprescindible para superar a materia.
Un alumno considerarase Non presentado no caso de que non se presente á Proba mixta (exame final) e non realice as practícas do laboratorio. O alumno terá dúas oportunidades, a primeira en xaneiro e a segunda en xullo. Os alumnos que se presenten á segunda oportunidade conservarán a cualificación obtida nas prácticas de laboratorio, e realizarán unha nova proba mixta nas datas determinadas polo calendario fixado pola Xunta de Facultade cuxa cualificación substituirá á obtida en xaneiro. O estudante que non superou as prácticas laboratorios ten que realizar unha proba no laboratorio onde pode vai repetir unha parte asinada polo profesor e ten que superala como condición esencial para superar a materia na segunda oportunidade.
Os alumnos que sexan avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o curso, de acordo coa normativa académica, non se cubriu na súa totalidade na primeira oportunidade.
Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia (de acordo coa normativa da UDC): Aplícanse os mesmos criterios de avaliación indicados anteriormente, mais están exentos da asistencia regular as clases maxistrales en aula.
Ós/ás estudantes que soliciten a convocatoria adiantada de decembro rexeranse polo disposto na Guía docente do curso 2022-23. A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria para poder superar a materia. Facilitarase, na medida do posible, a elección do grupo de prácticas co gallo de adaptar as datas á dispoñibilidade do estudante.
No caso de que se detecte plaxio, aplicarase a normativa da UDC.
Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, tratarase de incorporar a perspectiva de xénero nesta materia. Traballarase para identificar e modificar prexuicios e actitudes sexistas así como situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas e fomentar valores de respecto e igualdade.