Para superar a materia será necesario obter unha cualificación global superior ou igual a 5 puntos (sobre 10), en calquera das dúas oportunidades (xaneiro e xullo). Non poderán superar a materia aqueles alumnos que teñan menos dun 4,5 (sobre 10) na proba obxectiva e/ou menos dun 5 (sobre 10) nas prácticas de laboratorio.
A realización de todas as
prácticas é obrigatoria para poder superar a materia, porén, poderá faltarse a
un máximo de 2 das 7 sesións. Se o alumno/a non xustifica a falta a
cualificación desta práctica será de 0 e non poderá recuperala. Se a falta está
xustificada, sempre que sexa posible se recuperará noutro grupo, e de non ser
posible non se terá en conta na avaliación. Se a cualificación final das
prácticas é inferior a 5 se devolverá a memoria, coas indicacións pertinentes,
para que o alumno/a poida corrixila e enviala para unha segunda valoración por
parte do profesorado. A cualificación desta segunda revisión será definitiva e
se aplicará para o cálculo da cualificación global, tanto na primeira coma na
segunda oportunidade.
A cualificación das titorías obtida durante o curso manterase na segunda oportunidade.
No caso de alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación dos traballos tutelados substituirase pola obtida nas titorías personalizas, cun 25% da cualificación global, na primeira e na segunda oportunidade. No caso de circunstancias excepcionais, obxectivables e acaidamente xustificadas, o profesor responsable poderá eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de realizar o proceso de avaliación continuada. O alumnado que se atope nesta circunstancia deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a consecución das competencias propias da materia nas dúas oportunidades.
Outorgarase a cualificación de "non presentado" ao alumnado que participe en menos dun 25% das actividades académicas programadas (prácticas e traballos tutelados) e non se presenten á proba obxectiva.
Na oportunidade adiantada de decembro se aplicará a guía docente do curso anterior.
No caso de realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, aplicarase a normativa vixente na UDC