Discusión dirixida |
Esta metodoloxía desenvolverase nas sesións chamadas de "Revisión e Problemas". En grupos reducidos de 10-15 alumnos, (1) discutiránse e resolveránse cuestions teórico-prácticas contidas nun cuestionario a dispor do estudante e relacionadas cos contidos da asignatura tratados con anterioridade a sesión e que o alumno debe resolver individualmente usando a bibliografía pertinente, e (2) resolveranse casos ou trataranse temas de actualidade en bioloxía celular e as súas implicacions. Finalmente evaluarase individualmente o nivel de comprensión dos temas tratados cunha breve proba ou actividade gamificada. |
Prácticas de laboratorio |
Nas prácticas de laboratorio, ademáis de abordar algúns aspectos teóricos relacionados cos aparatos e as metodoloxías experimentais, adquiriranse as destrezas manuais propias de técnicas citolóxicas sinxelas. O alumno deberá realizar unha memoria donde detallaránse o objextivo de cada práctica ou protocolo seguido e os resultados obtidos, e na que o alumno deberá describir, dibuxar e interpretar as observacions levadas a cabo. A asistencia ás prácticas é condición necesaria para ser evaluado. No caso de darse circunstancias que impidan a súa asistencia, éstas deberán ser comunicadas ó profesor encargado debidamente xustificadas. |
Proba mixta |
Nesta categoría inclúense tanto o exame parcial liberatorio como o exame final sobre os contidos do programa traballados nas sesións teóricas e prácticas da asignatura. |
Lecturas |
Poñeránse ao dispor do alumno documentos seleccionados relacionados cos temas introductorios á asignatura para que realice unha lectura comprensiva dos mesmos. |
Debate virtual |
Propoñeranse temas ou supostos relacionados coa asignatura, que os alumnos terán que construir ao longo do curso coas súas aportacions postas en común no foro e argumentar ou discutir as dos outros. |