Recórdase que para a obtención de matrícula terán preferencia as mellores notas da primeira oportunidade. Non se admitirá asistir a clase con comidas nin bebidas. Recoméndase asistir ás clases e utilizar as tutorías individuais para mellorar o éxito na asignatura. Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable
e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias
(2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e
soporte informático. b. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores. |