Para que o alumno sexa avaliado, en calquera das convocatorias ás que poida presentarse, é obligatorio a asistencia ás prácticas de laboratorio, polo que a non realización das mesmas impide a presentación ás probas escritas así como ao seminario e ao estudo de casos.
Para superar a materia, en calquera das convocatorias ás que poida presentarse, o alumno deberá ter obtido un 2,5 sobre 5 na proba mixta, asistir e realizar todas as tarefas que se consideran obrigatorias (prácticas, seminario e estudo de casos) e obter nelas unha puntuación mínima de 2,5 puntos sobre un máximo de 5.
Para computar na calificación final o valor obtido nos apartados de
seminario, prácticas e estudo de casos, o alumno terá que ter
superado a proba mixta.
No caso de non superar a materia en primeira opción, na segunda só poderá presentarse á proba mixta. Se non se realizaron as prácticas de laboratorio, non se superará a materia.
Para que un alumno sexa considerado NON PRESENTADO deberá ter os seguintes requisitos: non ter asistido ás prácticas de laboratorio ou non presentarse á proba mixta.
Se o número de Matrículas de Honra que se poidan conceder se esgota na primeira opción, non poderá concederse ningunha na segunda opción aínda cando se obteña a máxima nota.
No caso de circunstancias moi excepcionais, obxectivables e axeitadamente xustificadas, o profesorado podería eximir total ou parcialmente a un alumno/a de parte do proceso de avaliación. Dito alumno/a tería que someterese a un exame particular que non deixase dúbidas sobre o seu nivel de coñecementos, competencias, habilidades e destrezas.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou con dispensa académica será avaliado de prácticas e teoría.
No caso de realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, aplicarase a normativa vixente na UDC.