A teoría da materia avaliarase mediante un exame final. A nota máxima será de 6 puntos, debendo os alumnos ter unha nota mínima de 2.4 sobre 6 (4 sobre 10 no exame) para poder superar a materia.
A avaliación dos seminarios, da memoria de prácticas e das actividades que se propoñan durante o curso poderá supoñer un aumento na nota final de ata catro puntos. Ademais dos coñecementos adquiridos, tamén se valorarán a participación activa nas diferentes actividades e a capacidade de traballo en grupo.
Aqueles alumnos que non participen en todas as actividades (agás a APS) non poderán obter a máxima nota (10 puntos) en ningunha das oportunidades de avaliación. A calificación dos seminarios, prácticas e do traballo tutelado (ou APS de ser o caso) manterase nas dúas oportunidades de avaliación.
Requírese unha nota final de 5 puntos para aprobar a materia.
Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán presentarse ao exame final (proba de resposta breve).
Os
alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia poderán realizar todas as actividades previstas
baixo a supervisión do profesor e mediante titorías específicas.
A realización fraudulenta das probas ou
actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a
cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será
cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do
curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.