A adaptación ao primeiro ano de ensino universitario supón un esforzo importante para todo/a alumno/a. A aprendizaxe comprenderá aspectos como: incorporación de conceptos fundamentais, familiarización co traballo no laboratorio, elaboración de memorias sinxelas de prácticas, elaboración e exposición de resumos/esquemas/glosarios/informes relacionados coa Bioloxía Celular e a procura de información. Por iso, é moi importante o estudo constante e os repasos periódicos a medida que avanza a materia. Recoméndase traballar o contido das sesións expositivas con anterioridade, así como tomar notas/apuntes pertinentes durante as mesmas.
Perspectiva de Xénero Segundo se
recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria
deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non
sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a
intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar
e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para
modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións
de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas.
Programa
Green Campus da Facultade de Ciencias Para axudar a conseguir unha
contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental
da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen
nesta materia: a. Solicitaranse
maioritariamente en formato virtual e soporte informático. b. De realizarse en
papel: - - Non se empregarán plásticos
- - Realizaranse impresións a dobre cara
- - Empregarase papel reciclado
- - Evitarase a realización de borradores
|