As PRÁCTICAS DE LABORATORIO son obrigatorias. A ausencia a prácticas debe estar debidamente xustificada para superar a materia.
Para ser avaliado é imprescindible realizar as probas sobre a teoría (proba mixta), prácticas de laboratorio e prácticas TIC.
Para superar a materia debe acadarse un 5 e ter >4,5 nas probas mixtas e unha cualificación media nas prácticas >4,5 (laboratorio e TIC). Se a cualificación resultante da suma de todas as actividades avaliables fose igual ou superior a 5, pero non se reunisen os requisitos indicados, a cualificación sería 4,0 (suspenso).
Considérase Non Presentado (NP) cando o alumno non se presente á proba do período oficial de avaliación.
As matrículas de honra concédense preferentemente entre os alumnos que acaden a cualificación igual ou superior a 9 na primeira oportunidade da convocatoria (xaneiro)
Realizarase un exame parcial e no caso de ter unha cualificación superior a 4,5 non terá que repetirse nas oportunidades de xaneiro e xullo.
Na segunda oportunidade (xullo) poderá optarse por: (A) asumir os criterios de avaliación da primeira oportunidade (especificados no apartado de AVALIACIÓN); ou (B) realizar as probas correspondentes a teoría (proba mixta), prácticas de laboratorio e prácticas TIC, representando en este caso un 80% a proba mixta. Se o alumno opta pola opción B deberá informar ao profesorresponsable da materia 10 días antes do exame.
No caso de alumnado con dedicación a tempo parcial e dispensa de exención de asistencia, poderán adoptarse medidas adicionais para que poida superar a materia tales como flexibilidade no prazo de entrega de traballos, flexibilidade no horario de prácticas ou realización dunha proba global de avaliación dos resultados da aprendizaxe.
FRAUDE: No caso de realización fraudulentadas probas ou actividades de avaliación, aplicarase a normativa vixente na UDC.