-A asistencia ás prácticas e a entrega da Memoria, son requisitos imprescindibles para superar a materia
-Para superar a materia será necesario obter unha nota non inferior a 4,5 sobre 10 na proba mixta e acadar,
sumando as cualificacións de todas as actividades, unha nota mínima de 5,0.
- Se non se acadara a nota mínima da proba mixta final, a materia figurará como suspensa, e a nota final outorgada será a da proba
mixta final (aínda que a media das cualificacións obtidas nas distintas metodoloxías sexa superior a 5, sobre un máximo de 10),
-A cualificación de matrícula outórgase preferentemente na primeira oportunidade.
-Na segunda oportunidade repetirase a proba mixta e manterase a cualificación do resto de actividades.
-A cualificación de non presentado concederáselles aos que non se presenten á proba mixta.
Durante a realización da proba práctica, en calquera de ambas oportunidades, agás que se indique o contrario, está prohibido o uso de cualquera dispositivo con acceso a Internet. Se durante a realización da proba práctica, hai indicios do uso non autorizado deses dispositivos, @ estudante será expulsado da aula, e procederase segundo a Ley 3/2022, de 24 de febrero, de convivencia universitaria e o regulamento disciplinar do estudantado da UDC.
A realización fraudulenta das probas e/ou actividades implicará directamente a cualificación de suspenso ("0") na materia na convocatoria correspondente, invalidando calquera cualificación obtida en tódalas actividades de cara á seguinte oportunidade, de existir, dentro do mesmo curso académico. Considérase fraudulenta a realización das actividades, propostas a ser completadas presencialmente na aula, que se fagan dende fora da aula, prodedendo segundo a Ley 3/2022, de 24 de febrero, de convivencia universitaria e o regulamento disciplinar do estudantado da UDC.