Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía |
Asignaturas |
Fundamentos de Biotecnoloxía |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Fundamentos de Biotecnoloxía | Código | 610G04029 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Análise de fontes documentais | A1 A10 B3 B4 C7 C8 | Avaliación na que se terá en conta o traballo durante as sesións interactivas en grupo e os materiais entregados (calidade dos traballos, capacidade de debate, uso dunha linguaxe científica correcta e información bibliográfica verificada). | 30 |
Proba mixta | A1 A3 A7 B3 B4 | Avaliación dos coñecementos teóricos | 50 |
Prácticas de laboratorio | A3 A6 A7 A8 B3 B4 B6 B7 C3 C7 | As prácticas de laboratorio considéranse unha actividade de asistencia OBLIGATORIA para superar a materia. Realizarase un cuestionario para avaliar os coñecementos adquiridos. | 20 |
Observacións avaliación | |||
A realización das prácticas é obrigatoria. Para aprobar a materia, a nota obtida en cada unha das partes avaliables (prácticas de laboratorio, análise de fontes documentais e proba mixta) deberá ser superior ao 45%. Será considerado como NON PRESENTADO o alumnado que non concorra a proba mixta. Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e con renuncia académica á exención de asistencia, o profesorado adoptará as medidas que considere oportunas para non prexudicar a súa nota. Para aqueles alumnos que non asistan ás clases expositivas, é moi recomendable facer uso das titorías para resolver dúbidas e orientarse na materia. No caso de realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación , aplicarase a normativa vixente na UDC |
|