Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía |
Asignaturas |
Nanotecnoloxía en Instrumentación e Robótica |
Metodoloxías |
|
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Nanotecnoloxía en Instrumentación e Robótica | Código | 610G04039 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Prácticas de laboratorio | Levaranse a cabo tanto da parte de Instrumentación como de Robótica tradicionais. Poderanse realizar tanto con materiais reais como virtuais. En Instrumentación, incluirase a visita a instalacións reais instrumentadas, para comprobar o funcionamento "in situ" de multiples aparellos. En Robótica poderanse usar robots de prestacións limitadas en alcance e carga, pero de funcionalidade similar aos dun entorno de traballo real. |
Portafolios do alumno | Recollerá o conxunto de traballos realizados ao longo do curso, encargados polos docente, así como calquera outro material que a alumna ou o alumno considere de interese na súa formación ao longo do curso. Na medida do posible atoparase en soporte dixital. |
Proba mixta | Será a proba que se realizará na data de exame fixada pola Xunta de Facultade, para o correspondente curso académico. Os contidos propios da proba, así como no seu caso o material auxiliar co que pode contar o alumnado para a súa realización será indicado polos docentes de xeito previo á mesma. |
Sesión maxistral | Correspóndese coas sesións de docencia expositiva, será unha clase dirixida polo docente na que introducirá os coñecementos propios da materia; pero tamén na medida do posible buscará a participación do alumnado de xeito que a intervención dialogada, e apoiada nos medios dos que se dispoña na aula favoreza o proceso de ensino-aprendizaxe. |
|