Multiple-choice questions |
A1 B2 B3 B7 B14 B15 |
Probas tipo test que se levarán a cabo en clase ao longo do curso. As súas características concretaranse o día da presentación. |
30 |
A) NORMATIVA DE
AVALIACIÓN: - Condicións de avaliación (estudo de casos e proba mixta): Está
prohibido acceder á aula con calquera dispositivo que permita a comunicación co
exterior e/ou o almacenamento de información. A realización fraudulenta
das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará
directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa:
corresponderá unha cualificación de "suspenso" (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se
produce na primeira oportunidade coma na segunda. Para isto, procederase a
modificar a cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
- Identificación do estudante: O estudiante ha de acreditar a súa identidade
de acordo ca normativa vixente.
B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN: - Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe de
actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre
a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.
Estudantes con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia: Excepto para as datas aprobadas
na Xunta de Facultade para a proba mixta final, para las restantes probas
acordarase, no seu caso, ó inicio do curso un calendario específico de
datas compatible ca súa adicación.
C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN: - Primeira opotunidade: Aplicaranse os criterios de avaliación
anteriormente indicados nesta sección. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: Os
criterios de avaliación son os mesmos que para a primeira oportunidade. É
dicir, os criterios de avaliación son idénticos para tódalas oportunidades
de avaliación.
|