Os cuestionarios de exame redactaranse inicialmente en castelán. Os alumnos que desexen un enunciado en galego deberán solicitalo cunha antelación de 15 días.
Condicións de realización da proba obxectiva: Está prohibido accede á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior; ou almacenamento de información. As faltas de disciplina implicarán que o alumno deberá realizar oralmente a proba obxectiva.
Os casos prácticos deberán ser entregados ao longo do curso, dentro dos prazos marcados polo profesor.
A cualificación das sesións maxistrais (10% da cualificación) e solución de problemas (20% da cualificación) esixirá unha asistencia mínima a clase do 70%.
No caso de que ao alumnado se lle conceda unha oportunidade de "avaliación adiantada", e soamente neste caso, para aprobar a asignatura, o alumno deberá superar unha proba mixta oral e/ou escrita encamiñada a avaliar todas as competencias e contidos propios da materia que suporá o 100% da nota final.
A avaliación na convocatoria de xullo réxese as mesmas normas, salvo no que vaia en contra da normativa xeral da UDC.
Calificación de non presentado. Corresponde ao alumnado cando únicamente participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación non superior ao 20% sobre a calificación final, con independencia da calificación obtida.
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:
Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá poñerse en contacto co profesor da materia nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte, coa finalidade de fixar o devandito calendario. As probas terán o mesmo formato que para os alumnos con dedicación a tempo completo.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: corresponderá unha cualificación de "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade coma na segunda. Para isto, procederase a modificar a cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.