Objective test |
A4 A1 A2 A7 A9 A11 B6 B8 C2 C6 C10 |
Exame escrito |
25 |
A avaliación na materia baséase nas exposicións e discusións que se desenvolven na aula, que terán unha puntuación de ata 7,5 puntos. En consecuencia, o seguimento regular das sesións é imprescindible. O exame valerá ata 2,5 puntos. Se a cualificación de avaliación continua fose inferior a 2,5 puntos, na segunda oportunidade poderá facerse unha nova presentación e discusión dos traballos. Nesta segunda oportunidade, a puntuación máxima da avaliación continua será de 5 puntos, e o exame valerá 5 puntos.
Outras observacións da avaliación:A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|