Proba obxectiva |
A2 A4 A7 A8 A13 B2 B1 B3 B4 C1 C2 |
Consistirá na realización dun examen escrito sobre os contidos teóricos do programa na convocatoria oficial da primeira oportunidade. Valoraráse a capacidade de expresión, o manexo e o dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética e, por suposto, o coñecemento dos contidos do programa. |
60 |
Normativa de avaliación: - Recoméndase
a asistencia a clase dende o primeiro día aínda que o estudante esté pendente
de completar o proceso de matrícula porque o calendario da avaliación é independente da data de
matrícula individual do alumno. - Os alumnos/as deben consultar
obrigatoria e frecuentemente o campus virtual da materia
(moodle), onde os docentes colocan información relevante.
Ademáis, os estudantes deben
subir obrigatoriamente unha foto actualizada ao seu perfil de moodle para a
súa correcta identificación antes do 30 de setembro de 2023. - Está prohibido acceder á aula do exame/probas con calquer
dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenaxe de
información. - De igual maneira, é necesario que cada alumno/a que desexe
realizar as probas se identifique correctamente co D.N.I. na aula onde se
vaia realizar a proba (ten que acreditar a súa personalidade dacordo ca
normativa vixente). - A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso”
(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a
comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para
isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira
oportunidade, se for necesario. - Estudantes con "recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia": excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso, de ser preciso, un calendario específico compatible coa sua dedicación, sempre e cando ese calendario estea integrado na franxa horaria lectiva das probas prácticas dalgún dos grupos de estudantes. O estudante que se atope nestas circunstancias debe poñerse en contacto cos seus docentes vía correo electrónico da UDC antes do 30 de setembro de 2023.
Tipo de cualificación: - A calificación de "non presentado" corresponde ao alumno/a, cando só
participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao
20% sobre a calificación final, con independencia da calificación acadada.
Tipo de avaliación: - Primeira oportunidade: os criterios de avaliación son os marcados nesta sección. Para superala asignatura, o estudante debe obter como mínimo 50
puntos dos 100 totais. Polo tanto, todolos estudantes, incluidos os que teñan
"recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención
de asistencia", poderán superala materia obtendo a lo menos 50 puntos dos 100
totais entre todalas probas do curso, incluíndo o exame da 1ª oportunidade. Aqueles estudantes que non poidan
acudir as probas do curso con motivo debidamente xustificado (xustificado cos
certificados correspondentes para os casos que contempla a normativa académica
-caso de enfermidade ou accidente, por exemplo-), poderán realizar as mesmas
noutra ocasión que lles será comunicada polos docentes, tendo en conta o sinalado polo
regramento académico. - Respecto á convocatoria da segunda oportunidade e a da
extraordinaria adiantada, ambalas dúas consistirán na realización dunha proba
obxectiva nas datas oficiais cun valor máximo do 100% da nota final. Polo tanto, nelas poderase recuperar a avaliación continua realizada durante o primeiro cuadrimestre. En ambalas dúas oportunidades, os estudantes poderán superar a materia
obtendo a lo menos 50 puntos dos 100 potenciais.
|