1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só
participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación
inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independenza da
cualificación acadada.
2. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: O exame na data oficial supoñerá o 100% da avaliación.
A realización fraudulenta das probas ou das actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
3. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia: Excepto para as datas aprobadas na
Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes
probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas
compatible coa súa dedicación.
4. Sobre condicións de avaliación final: Está prohibido acceder ao aula
de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior
e/ou almacenamiento de información.
5. Identificación do estudante: O estudante debe acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.
Outras observacións de avaliación:
Para superar a materia, é necesario aprobar o exame final, esixíndose aprobar cada unha das partes: o test, a liquidación de IRPF e a liquidación de IS