Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.
As probas que se realicen ao longo do curso, incluso impartindo clases presenciais, poderán realizarse en modo virtual.
Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades. Programaranse actividades alternativas para a recuperación das contempladas na avaliación continua, en forma de examen u otra clase de metodoloxía de avaliación entre as recogidas na memoria do grao.
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Agás para as datas aprobadas na xunta de facultade para as probas obxectivas, para as restantes probas acordarase, a requerimento do alumno, ao inicio do curso un calendario específico de datas compatibles coa súa dedicación.
Conforme á normativa aprobada pola Xunta de Facultade, está prohibido o acceso á aula na que se realizan as diferentes probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información.
Identificación do estudante: O estudante ten que acreditar a súa personalidades de acordo á normativa vixente.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.