Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A6 A8 A11 B7 B6 B4 B3 B2 B1 B10 B9 B8 C1 C4 |
Exame da toda a materia que suporá o 64% da cualificación final (máximo 6,4 puntos). Celebrarase en primeira oportunidade (xaneiro no grao en ADE e maio/xuño no programa de simultaneidade dos graos en ADE e Dereito) nas datas fixadas pola xunta de facultade. |
64 |
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN: - Condicións de avaliación: está
prohibido acceder ás aulas de exame con calquera dispositivo aceso que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento
de información. En canto á comisión de fraude e responsabilidades
disciplinarias, aplicarase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e
reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado
universitario" da UDC. En particular, a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación,
unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado/a con “suspenso”
(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a
comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para
isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira
oportunidade, se fose necesario.
- Identificación: cada estudiante deberá acreditar a súa personalidade dacordo coa normativa vixente.
B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN: - A cualificación de NON PRESENTADO só se outorgará ao alumnado cuxa participación en actividades de
avaliación teña unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación
final, con independencia da cualificación acadada. - A avaliación exposta tamén rexe para o alumnado con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.
C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN: - Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente presentados nesta sección.
- Segunda oportunidade: avaliarase cunha proba mixta (exame) polo 100% da cualificación final, salvo que da
aplicación dos mesmos criterios de avaliación da primeira oportunidade
resulte unha cualificación superior, a cal prevalecerá. - Oportunidade adiantada: avaliarase cunha proba mixta polo 100% da cualificación final.
|