Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Teoría do Financiamento
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A6 A8 A11 B7 B6 B4 B3 B2 B1 B10 B9 B8 C1 C4 Durante o periodo de clases realizaranse varias probas mixtas de avaliación continua, que non terán carácter liberatorio e que suporán en conxunto o 36% da cualificación final (máximo 3,6 puntos). Cada proba non realizada puntuará como cero.
36
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A6 A8 A11 B7 B6 B4 B3 B2 B1 B10 B9 B8 C1 C4 Exame da toda a materia que suporá o 64% da cualificación final (máximo 6,4 puntos). Celebrarase en primeira oportunidade (xaneiro no grao en ADE e maio/xuño no programa de simultaneidade dos graos en ADE e Dereito) nas datas fixadas pola xunta de facultade. 64
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

  1. Condicións de avaliación: está
    prohibido acceder ás aulas de exame con calquera dispositivo aceso que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento
    de información. En canto á comisión de fraude e responsabilidades
    disciplinarias, aplicarase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e
    reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado
    universitario" da UDC. En particular, a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación,
    unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
    convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado/a con “suspenso”
    (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a
    comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para
    isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira
    oportunidade, se fose necesario.

  2. Identificación: cada estudiante deberá acreditar a súa personalidade dacordo coa normativa vixente.

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

  1. A cualificación de NON PRESENTADO só se outorgará ao alumnado cuxa participación en actividades de
    avaliación teña unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación
    final, con independencia da cualificación acadada.
  2. A avaliación exposta tamén rexe para o alumnado con recoñecemento de
    dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia
    .

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

  1. Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente presentados nesta sección.
  2. Segunda oportunidade: avaliarase cunha proba mixta (exame) polo 100% da cualificación final, salvo que da
    aplicación dos mesmos criterios de avaliación da primeira oportunidade
    resulte unha cualificación superior, a cal prevalecerá.
  3. Oportunidade adiantada: avaliarase cunha proba mixta polo 100% da cualificación final.

 


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes