Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Análise Económico das Organizacións
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A8 A11 B1 B2 Examen tipo test, con penalización para as respostas incorrectas. 60
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A6 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C5 C6 C7 C8 Actividade a realizar en grupo. Na presentación da asignatura, o profesorado explicará as actividades a realizar. A cualificacion desta actividade será do 20% e no caso de que non se poidese realizar a actividade de aprendizaxe-servizo a súa ponderación será do 40%. 20
Aprendizaxe servizo A9 B1 B3 B4 B7 B9 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 Actividade a realizar en grupo. Plantexarase os estudantes matriculados na materia a posibilidade de participar nunha actividade de aprendizaxe-servicio con algunha entidade colaboradora. 20
 
Observacións avaliación

A) CUALIFICACIÓN DE "NON PRESENTADO" E DE "SUSPENSO" POR SANCIÓNS DISCIPLINARIAS  

 1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno/a, cando só participa en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, independentemente da cualificación acadada.

2. Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese (artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC): o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. 

B) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN  

 1. Primeira oportunidade: A avaliación correspondente a primeira oportunidade farase a partires dunha proba de resposta múltiple (60%) e a presentación oral dos traballos (40%). No caso da proba de resposta múltiple, a data de realización será a fixada no calendario oficial para a primeira oportunidade. A presentación dos traballo realizarase durante o período lectivo do curso, de acordo co calendario fixado polo profesor para cada grupo. Para superar a asignatura haberá que acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 no cómputo global da avaliación, pero ademáis é condición sine qua non acadar 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. De non acadarse este mínimo na proba de resposta múltiple, a asignatura estará suspensa, e a nota será a do examen.    

 2. Segunda oportunidade: No que atinxe a 2ª oportunidade de xullo a avaliación farase do mesmo xeito que para a 1ª oportunidade, tendo en conta o seguiente: 1º) aqueles estudantes que supenderon na 1º oportunidade, as notas acadadas nos traballos de presentación oral serán tidas en conta; 2º) os estudantes que non se presentaron a 1ª oportunidade e non fixeron os traballos poderán facelo. Para isto, o estudante dirixirase ó profesor coa suficiente antelación para indicarlle o seu desexo de realizar o traballo, o cal deberá ser entregado e presentado antes da data do exame oficial da segunda oportunidade. Para aprobar, igual que na 1º oportunidade,  necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 no cómputo global, pero ademáis é condición sine qua non acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. De non acadarse este mínimo na proba de resposta múltiple, a asignatura estará suspensa, e a nota será a obtida en dita proba.    

 3. Convocatoria adiantada: Os alumnos que se presenten a convocatoria adiantada, a avaliación só se fará a partires dunha proba de resposta múltiple e para aprobar necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10

C) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:  

 1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información.  

 2. Identificación do estudante: O estudante deberá acreditar a súa personalidade segundo a normativa vixente.

3. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e despensa académica de exención de asistencia:A evaluación realizarase sobre os mesmos contidos e criterios de avaliación que os estudantes con dedicación a tempo completo. O principio do curso estes estudantes dirixiránse ó profesorado para fixar un calendario de actuacións específico acorde coa súa situación particular para deste xeito posibilitar a realización das distintas actividades de avaliación do curso. 

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes