Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Distribución Comercial
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A12 B8 C2 C8 A calificación correspondente á avaliación continua procede da suma de:

- un 10% da calificación obtida a partir da asistencia e/ou participación individual en tódalas sesións, tanto expositivas como interactivas, da materia, incluidas todas as presentacións de proxectos prácticos e os seminarios/conferencias invitados. Esta participación poderá controlarse aleatoriamente.
- un 30% da calificación obtida polo alumnado participante nun proxecto práctico en equipo elaborado fora da aula conforme ás indicacións da profesora responsable da materia e asignado previamente polo profesorado responsable da sección, e presentado oralmente en sesión plenaria na aula. O proxecto práctico poderá versar sobre casos prácticos ou lecturas recomendadas, complementados por bibliografía e webgrafia relevantes. Facilitaráse a tutoría específica deste traballo en caso de ser necesaria. Todo o alumnado dun mesmo equipo de traballo obterán a mesma calificación.
40
Proba de resposta múltiple A4 A5 B4 B6 B9 B10 C1 Realizaráse un examen tipo test, que poderá ser administrado vía Campus Virtual na aula, donde solo unha opción é correcta. As respostas incorrectas penalizan un tercio do valor das correctas. É estrictamente necesario aprobar o examen (esto é, obter unha calificación igual ou superior a 5,00 nunha escala de 0-10) para aprobar a materia.

Son materia de examen todos os contidos abordados na aula, tanto presencial como virtualmente, tanto nas sesións maxistrais como nas sesións teórico-prácticas e nas sesións prácticas; tanto individuáis como de presentación e discusión de traballos de equipo. Os contidos de todos os proxectos prácticos en equipo serán polo tanto avaliables.

É importante que o estudantado aborde o estudo individual dos contidos apoiándose en todos os materiais dispoñibles en moodle (apoios visuais, prácticas individuáis, lecturas recomendadas, lexislación) e nas notas tomadas na aula para a mellor comprensión dos exemplos reais utilizados para ilustrar os contidos

É importante complementar esos materiais coa revisión individual polo estudantado dos manuais recomendados da asignatura para aclarar calquera dúbida
60
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN

1. Condicións de avaliación: está prohibido o acceso ás
aulas de examen con calquer dispositivo que permita a comunicación co exterior
e/ou almacenamento de datos (teléfonos móviles, reloxos intelixentes, etc.).

2. Identificación do estudantado: o estudantado ten que acreditar a súa identidade de acordo á normativa vixente.

B) TIPOS DE CALIFICACIÓN

1. CALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO

Corresponde ó alumnado cando
solo participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior
ó 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación
alcanzada.

 

2. ESTUDANTADO CON
RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE
ASISTENCIA

Para o estudantado
matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia
a proba de resposta múltiple suporá o 100 % da calificación final.

C. OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN

1. PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE

O sistema e datas oficiais de avaliación aplicaránse a todos o estudantado da materia, incluidos estudantado
Erasmus e de intercambio.

No caso do estudantado
non presentado ou suspenso na primeira oportunidade (suspensos= cualificación
final < 5,00), ben por insuficiente cualificación na avaliación continua ou
por ter suspendido o exame de test -non é posible ir á segunda oportunidade
para subir a nota da primeira-), para a segunda oportunidade elixirase a mellor
das seguintes 2 cualificacións como cualificación final:

a) Cualificación
final = 100% da cualificación do exame de test de 2ª oportunidade,

b) cualificación
final = suma das puntuacións obtidas na avaliación continua (da primeira
oportunidade, 40%) e no exame de test da 2ª oportunidade (60%) sempre e cando a
cualificación obtida no exame sexa igual ou superior a 5,00. 

En ambos casos solo
será aprobado o estudantado que obteñan unha cualificación final igual ou
superior a 5,00.

 

2. CONVOCATORIA ADIANTADA

As condicións de avaliación
da oportunidade adiantada (art. 19 das Normas de Avaliación, Revisión e
Reclamacións das Cualificacións dos Estudos de Grao e Mestrado Universitario)
serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha
proba de resposta múltiple que suporá o 100 % da calificación final.

 

D. OUTRAS OBSERVACIÓNS DE
AVALIACIÓN

 

Os estudantado que suspendan a
proba de resposta múltiple recibirán a cualificación do examen como
cualificación final en todas as oportunidades.

 

As calificacións obtidas
polo estudantado na avaliación continua como resultado dos proxectos prácticos
en equipo (30%) e participación individual (10%) serán válidas solo
durante o curso académico en cuestión.

 



A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará
directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria
correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as
actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes