Descrición xeral |
Obxectivo xeral: A formación práctica completa adquírese mediante o coñecemento directo da realidade na que se desenvolve habitualmente o profesional da avogacía.
Obxectivos específicos:
1.- Enfrontarse a problemas deontolóxicos profesionais.
2.- Familiarizarse co funcionamento e a problemática de institucións relacionadas co exercicio da profesión.
3.- Coñecer a actividade doutros operadores xurídicos, así como de profesionais relacionados co exercicio da súa profesión.
4.- Recibir información actualizada sobre o desenvolvemento da carreira profesional e as posibles liñas de actividade, así como acerca dos instrumentos para a súa xestión.
5.- En xeral, desenvolver as competencias e habilidades necesarias para o exercicio da profesión de avogado.
Habilidades: Relacionarse de forma adecuada con outros profesionais. Distinguir as funcións que lle corresponden ao avogado en todos os ámbitos. Realizar con desenvoltura as tarefas cotiás
nos ámbitos nos que o avogado exerce a súa profesión. Saber identificar os tipos de conflito e derivalo ao método de solución máis axustado. Identificar e valorar as implicacións interdisciplinares
do asunto que se lle encargue. Ser capaz de mediar nun conflito con vocación de imparcialidade.
Actitudes: Asumir a función social da avogacía. Relacionarse cos compañeiros e outros profesionais. Ter unha correcta relación deontolóxica. Asumir a formación na profesión como
continua. Pór o máximo celo profesional para non incorrer en responsabilidade. Comprender a necesidade de intervernir nos asuntos de quenda de oficio coa mesma responsabilidade e eficacia que
os privados. Adoptar os hábitos de traballo dun profesional da avogacía. Adquirir o hábito de traballo individual e en grupo. Valorar o despacho desde unha óptica empresarial. Ter unha correcta
relación deontolóxica co cliente, os compañeiros e o resto dos operadores xurídicos. Adoitarse a analizar con detemento as resolucións xudiciais. Adquirir o hábito de ter informado
ao cliente. Apreciar a conveniencia de propiciar unha solución negociada ao conflito.
|