Teaching GuideTerm
Faculty of Law
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial
 Subjects
  Intellectual Property. Industrial Property and Competition Law
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Case study A1 A8 A9 A10 A11 A12 A13 B7 B8 B2 B3 B5 C1 C3 Resolverase un caso práctico e defenderase nun xuízo simulado.
30
Problem solving A1 A8 A9 A11 A12 A13 B7 B8 B11 B2 B3 B5 C1 C3 O estudante seleccionará un problema xurídico no eido da materia, estudiarao e o exporá ante a clase. 30
Objective test A1 A proba consiste nun exame final teórico que poderá ser oral ou escrito. Será necesario aprobar esta proba para aprobar a asignatura.
40
 
Assessment comments

A cualificación final da materia obterase da suma dos puntos obtidos na avaliación continua e os puntos obtidos na proba obxectiva de final de cuadrimestre.

1º) Avaliación continua (60%):

O profesorado avaliará o traballo realizado polos/as estudantes ao longo do cuadrimestre, dentro e fose da aula, cun máximo de 6 puntos. Para iso, os/as estudantes deberán asistir a clase e deberán realizar as actividades encargadas polo profesorado nos prazos e coas condicións que se dispoñan. Para recibir os puntos de avaliación continua esixirase unha asistencia ao 80% das clases, salvo nos casos de estudantes a tempo parcial que obteñan dispensa académica*.

2º) Proba obxectiva (40%):

Ao final do cuadrimestre, os/as estudantes deberán realizar unha proba obxectiva  sobre os contidos explicados na aula e as lecturas entregadas polo profesorado. Para aprobar a materia é imprescindible aprobar esta proba.

*Observacións:

Os/as estudantes a tempo parcial con dispensa académica serán cualificados/as de acordo con os mesmos criterios de avaliación, coas seguintes particularidades:

A asistencia mínima esixida para recibir os puntos de avaliación continua será do 40%.

O profesorado encargará actividades de avaliación continua complementarias, equivalentes en tempo de realización ao 40% da asistencia dispensada”.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso ("0") na materia na oportunidade correspondente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes