Análise de fontes documentais |
A6 A9 |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
10 |
Estudo de casos |
A11 B6 B7 B9 B10 B13 B2 B3 B4 C3 C5 C6 C7 C8 |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
A puntuación correspondente aos apartados "Análise de fontes documentais" e "Estudo de casos", computará conxuntamente con un máximo, para os dous apartados, do 20% da puntuación global da asignatura.
Esta puntuación únicamente poderá obterse mediante a participación activa nas sesións prácticas e a entrega escrita dos supostos requeridos deste feito polo profesor.
A puntuación obtida nestos apartados en primeira oportunidade, gardarase tamén para a segunda oportunidade.
|
10 |
Proba obxectiva |
A1 A8 A10 B3 B4 C6 |
Proba na que se busca responder a preguntas curtas, de resposta múltiple e supostos prácticos, valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir habilidades como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
A proba obxectiva terá un peso dun 80% na calificación da asignatura |
80 |
Respecto ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial con dispensa académica de asistencia a clase, manterase a mesma podenderación enriba descrita respecto aos instrumentos de avaliación. Desa maneira: -A entrega dos traballos correspontes aos apartados "Análise de fontes documentais" e "Estudo de casos", que se fará a través dos medios acordados cos profesores ao inicio do curso, terán un peso do 20% na cualifación final da asignatura.
En segunda oportunidade gardaránse as cualificacións obtidas en primeira oportunidade neste apartado.
-Respecto ao sinalado no apartado de "Proba obxectiva", manterase tamén a porcentaxe do 80% na cualificación final da asignatura, tanto en primeira como en segunda oportunidade.
A realizacion fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificacion de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|