Para aprobar a materia é preciso que a suma da cualificación obtida na avaliación de todas actividades avaliables acade os 5 puntos.
Non se sumarán as cualificacións se non se obtén polo menos unha puntuación de 1.2 puntos (sobre os 3 posibles) nos seminarios; e de 2.5 (sobre os 5 posibles) na proba oral e a súa eventual media coa proba parcial.
No caso dos estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa de asistencia ás aulas que non poidan participar nas sesións de seminarios, a avaliación das competencias correspondentes aos mesmos (30% da cualificación final) levarase a cabo realizando un traballo escrito sobre algún dos capítulos do libro de M. Sandel empregado para as sesións de seminarios, e mantendo unha conversación oral co profesor encargado do grupo de seminarios correspondente, que versará sobre os restantes capítulos do devandito libro, na que os estudantes deberán mostrar o seu nivel de afondamento nos contidos do texto e de desenvolvemento dun punto de vista crítico. Esta avaliación alternativa realizarase antes de que dea inicio o período de exames finais, en data e hora acordada co profesor, tendo como límite para a entrega do traballo escrito e para a proba oral o día de inicio de cada período de exames.
A esta modalidade alternativa de avaliación poderán acollerse tamén os estudantes que non poidan participar nas sesións de seminarios, por causas xustificadas que deberán ser apreciadas polo profesor responsable de cada grupo de seminarios. Para iso, deberán comunicar ao profesor as circunstancias que xustifiquen a excepcionalidade dentro das dúas primeiras semanas lectivas do cuadrimestre. Se se trata de circunstancias sobrevindas, deberán comunicalas en canto ditas circunstancias se produzan. Os estudantes que se presenten á segunda oportunidade (xullo) conservarán as cualificacións dos seminarios, se se chegou polo menos á puntuación de 1,2 puntos sobre 3. Os estudantes que non logren a puntuación de 1,2 na convocatoria de maio-xuño na avaliación dos seminarios deberán acollerse á avaliación alternativa descrita máis arriba na convocatoria ou oportunidade de xullo. Para quen non alcance a puntuación de 1,5 a renuncia á cualificación dos seminarios terá carácter voluntario. Na oportunidade de xullo, a data de entrega dos traballos e de realización da conversación oral será fixada polos profesores. Non poderá ser posterior ao día do exame oficial fixado para a devandita oportunidade.
O plaxio nun traballo ou a copia nunha proba escrita ou oral supoñe un 0 en dita actividade.
Os estudantes que non superen a materia conservarán a cualificación obtida na parte superada para o curso seguinte, únicamente durante un curso.