Toda parte avaliada debe acadar 4/10. O alumno/a debe
realizar, como mínimo o 5% do traballo requerido para a cualificación final.
Si suspende unha parte o varias, ésta ou éstas deberán
repetirse no exame de xullo.
Aqueles alumnos/as oficialmente matriculados a tempo
parcial e que teñan concedida unha dispensa académica, como establece a
Normativa de permanencia desta univerisdade, serán avaliados en calquera
oportunidade seguindo os mesmos criterios establecidos para a segunda
oportunidade de xullo.
-A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade
(física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).
-De acordo con as distintas normativas que rexen a docencia universitaria, é necesario incorporar a perspectiva de xénero nesta materia. Isto inclúe, entre outras medidas, o uso dunha linguaxe non sexista, bibliografías inclusivas desde a perspectiva de xénero e fomentar a participación de todo o alumnado en clase, independentemente do seu xénero.
-Prestaremos especial atención a identificar e abordar os prexuízos e actitudes sexistas. Traballaremos activamente na modificación desta contorna e na promoción de valores de respecto e igualdade.
-Os nosos esforzos centraranse en detectar casos de discriminación de xénero e implementar as accións apropiadas para corrixir os devanditos casos.
Importante. Calquera indicio de PLAXIO resultará no suspenso para o alumno nesta
materia.
- Turnitin é
unha aplicación de uso para o profesorado coa finalidade de revisar
porcións detexto procedentes doutros textos e sinalar a súa procedencia. É
unha boa ferramenta para detectar o plaxio. O seu uso é opcional, pero
deberá advertirse ao estudantado na guía docente xa que pode recoñecer
traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso
do mesmo estudante. Se esta circunstancia acontecese, entenderase como
contraria á honestidade académica e aplicarase a Normativa Académica de
evaluaciones, de calificaciones y de reclamaciones avaliación. - Con este
aviso, quedan advertidos das consecuencias académicas.