O estudantado deberá completar todas as tarefas e lecturas así como asistir ás sesións preparados para os debates. Deben visitar a plataforma educativa da UDC e consultar o seu correo institucional con regularidade. Penalizaranse as malas prácticas académicas (copia, plaxio, autoplaxio, etc.) e as deficiencias lingüísticas.
Para aprobar os estudantes teñen que obter polo menos unha nota de 50 (sobre 100) nos apartados 2 e 3.
O estudantado terá que repetir só aquelas partes (exercicio(s) e traballo escrito) que non aprobaron na primeira oportunidade.
- Alumnado con dispensa académica
O alumnado que oficialmente teñan sido matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta Universidade, terán que entregar todos os exercicios do curso (50%) así como un traballo escrito para o estudo de casos (2,000 palabras).
- Corrección lingüística e falta de honradez académica.
Todos os exercicios e as probas faránse en inglés. A corrección global no uso da lingua e o uso de convencións formais son indispensables. Os erros gramaticais e ortográficos serán penalizados.
A falta de honradez académica (incluíndo copiar, plaxiar, poñerse de acordo ou inventar resultados) non será tolerada, e será penalizada, de acordo co establecido no Regulamento Disciplinar do Estudantado da UdC, artigos 10.3.f e 11.4.b, coa calificación de Suspenso para ambas as oportunidades do curso.