Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Relacións Literarias e Culturais no Espazo Lingüístico Galego-Portugués
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A4 A14 A12 B4 B3 C1 C7 Serán avaliados os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe en relación á consecución dos obxectivos procurados na materia. Levarase tamén en conta a calidade lingüística, a capacidade para a aprendizaxe autónoma e/ou o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para estas actividades. 60
Seminario A1 A3 A6 A8 B5 B6 B7 B8 C2 C4 Será avaliada fundamentalmente a comprensión e o dominio dos conteúdos apresentados e comentados, así como a utilidade da discusión para os propósitos da materia. Levarase tamén en conta a calidade lingüística, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas intervencións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel e a eventual elaboracion e utilización dos recursos tecnolóxicos. 15
Lecturas A1 A4 A8 C1 C4 C7 C5 Para alén da eventual presentación oral dalgunha das lecturas propostas, será avaliado o nivel de análise e compreensión das restantes lecturas demostrado no trascurso das outras apresentacións, nos seminarios e nas discusións dirixidas. 25
 
Observacións avaliación
  1.     A avaliación da materia será feita de forma continua na primeira oportunidade. Nela serán levados en conta non apenas os elementos referidos no lugar correspondente deste guía mais tamén, de xeito transversal, as competencias lingüísticas, argumentativas e para a aprendizaxe colaborativa demostradas ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe.
  2.     Todas as actividades deberán ser realizadas e entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e pendurará no Campus Virtual. As actividades entregadas fóra do prazo marcado non serán obxecto de avaliación. Para superar a materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
  3.     Se houver criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesorado responsábel pola materia através do Campus Virtual e/ou expostos na sala de aulas. O pessoal docente fornecerá, igualmente, as oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.
  4.     Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de formato e corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación segundo os criterios que figuran no documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués en 6/7/2918 e publicado no Campus Virtual).
  5.     Calquera falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos ou ideas dotras autorías sen indicar a procedencia, copia en tarefas, traballos ou outras variábeis destas características) será penalizada de acordo coa normativa vixente na UDC. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo/a mesmo/a estudante. En caso de se verificar falta de honradez académica, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4). No xeral, a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.
  6.     As persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada na primeira oportunidade deberán concorrer á oportunidade de xullo. Para superar a materia nesta segunda oportunidade, o alumnado terá de realizar o exame (5 valores) na data marcada ao efeito pola Facultade de Filoloxía e aquelas lecturas ou traballos tutelados (5 valores) que lle foren encomendados.
  7.     O estudantado a tempo parcial ou con dispensa académica deberá realizar un exame (5 valores) nas datas marcadas ao efeito pola Facultade de Filoloxía e entregar nunha data previamente concertada co docente aquelas lecturas ou traballos tutelados (5 valores) que lle foren encomendados. Se non puider asistir ao atendemento, este alumnado deberá pórse en contacto co profesorado a través do correo electrónico no inicio do curso. Aquel alumnado que certifique imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesorado da materia o máis rapidamente posíbel desde que esta circunstancia se producir.
  8.     O alumnado que se apresentar á convocatoria adiantada de decembro terá de contactar previamente co docente responsábel pola materia e, para a superar, terá de realizar un exame (5 valores) na data marcada ao efeito pola Facultade de Filoloxía e aquelas lecturas ou traballos tutelados (5 valores) que lle foren encomendados.
  9.     Será considerado Non Presentado aquel/a estudante que non entregue ningunha das actividades previstas neste guía ou non se apresente ao exame na oportunidade correspondente.
  10.     A materia pode ser adaptada para estudantes que precisen a adopción de medidas voltadas ao apoio à diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). Se necesario, é posíbel entrar en contacto cos servizos disponíbeis na UDC/ no Centro: coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/) dentro dos prazos oficiais estipulados con antecedencia de cada trimestre académico; caso contrario, coa Tutora ADI da Facultade de Filoloxía (no e-mail: pat.filoloxia@udc.gal ).
  11.     De acordo co recollido nas diferentes normativas de aplicación para a docencia universitaria, esta materia incorpora a perspectiva de xénero nos seus contidos e organización. Será usada linguaxe inclusiva e prestarase atención à inclusión de bibliografía producida por persoas de diferentes identidades de xénero. Evitarase a discriminación por motivos de xénero na participación do alumnado en todos os procesos de ensino e aprendizaxe. Serán fomentados os valores do respecto e da igualdade, e non será aceptadas nin a reprodución de prexuízos nin as actitudes discriminatorias. Se foren identificadas situacións de discriminación por razón de xénero, serán propostas accións e medidas concretas para as corrixir.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes