Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Subjects
  Oral Language Teaching to Deaf People and Sign Language to Hearers
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Document analysis B2 B3 B8 C8 C3 As lecturas, documentos audiovisuais, referencias, ect. que se revisarán no desenvolvemento das sesións expositivas e interactivas como introducción, complemento ou síntese dos contidos traballados de carácter teórico e práctico serán avaliados específicamente tanto nas discusiós dirixidas como no traballo tutelado.
20
Directed discussion A6 A7 B2 B3 B9 C3 C8 Dinámica na que o alumnado discute de forma libre, informal e espontánea sobre os contidos e temáticas propostas, coordinados pola docente. Para poder participar na mesma é preciso a revisión previa das fontes documentais proporcionadas con anterioridade a cada sesión lectiva. 20
Supervised projects A9 A1 B8 A posta en práctica das diferentes tarefas e actividades de tipo individual ou grupal que serán realizadas tanto nas sesións expositivas como interactivas servirán para aplicar os contidos teóricos traballados previamente e facilitar así unha aprendizaxe autónoma por parte do alumnado. 40
Oral presentation A7 B2 B8 C8 Exposición verbal a través da que o alumnado presenta de xeito dinámico o traballo tutelado realizado ante o resto de compañeiros e a docente, a partir da cal se fará unha discusión dirixida sobre as temáticas e contidos relacionados. 20
 
Assessment comments

1. Para superar a materia cómpre obtener unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (presentación, traballo/s e análise/discusión de fontes documentais).

2. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de maio. 

3. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concurra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. 

Así, será cualificado como “Non presentado” cando:

a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docente, ou

b) Non entregue o traballo programado, nin realice a presentación correspondente e tampouco se presenten na data establecida para a a proba no período oficial de avaliación. 

3.  No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das tarefas, actividades ou calquera tipo de proba de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14. 4) Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento"

4. Asimesmo, en calquera caso, aplicarase á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación a seguinte modificación aprobada no Regulamento disciplinar do estudantado da UDC (Consello de Goberno do 28/06/2023), artigo 11, apartado 4 b), que establece a "[c]ualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".

5. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria nesta materia incorporase a perspectiva de xénero. Entre outras medidas, usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos e propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. No caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes