Recoméndaselle ao/á estudante que
lea atentamente esta guía docente. Nela atopará resposta a case todas as
preguntas que lle xurdan sobre a concepción, organización e obxectivos do
curso; pode acudir ao profesor para aclarar calquera cuestión ao respecto.
Particulamente, debe prestar especial atención ao seguinte: - Asista ás aulas regularmente e ás titorías e reunións establecidas fóra delas, tanto presenciais como non presenciais.
- Realice puntualmente as lecturas de curso encomendadas antes de que sexan tratadas nas aulas.
- Participe activa e criticamente nas aulas expoñendo as súas ideas e dúbidas, ademais de escoitando e valorando as dos outros/as estudantes.
- Traballe colaborativamente cos seus compañeiros/as.
- Entregue puntualmente as tarefas encomendadas no momento, forma e soporte establecidos.
- Nas
exposicións escritas débense coidar a corrección ortográfica, o estilo e a
adecuación expositiva; de igual forma, as exposicións orais deben adecuarse ao contexto académico e aos obxectivos perseguidos. De non ser así, reflectirase negativamente nas
cualificacións.
- Acuda ao profesor para aquelas dúbidas que precisen unha atención ou guía máis individualizada.
- O
plaxio total ou parcial é inadmisible. Pode conlevar a perda de
máis puntuación có valor da actividade afectada, e mesmo o suspenso na materia.
A información debe ser recollida, procesada e ofrecida de forma distinta á da
fonte utilizada, sexa esta bibliográfica, audiovisual, persoal, a internet ou
calquera outra. Considérase moi grave a copia total ou parcial de traballos
elaborados por outros/as estudantes.
|