Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013) |
Asignaturas |
Comunicación escrita |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Comunicación escrita | Código | 613836053 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | B4 B8 C1 C3 C5 C7 | O 50 % da cualificación desta materia divídese en dous conceptos: a asistencia e participación nas aulas (10 %) e a avaliación das diferentes actividades (40 %). No taller realizaranse diversas actividades prácticas orientadas á aplicación de aprendizaxes que o alumnado adquirirá ao longo do curso. Valorarase o manexo das técnicas e estratexias da comunicación escrita, a coherencia dos textos, a cohesión e a corrección idiomática, entre outros aspectos. |
50 |
Traballos tutelados | A7 A10 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B10 C3 C6 C7 C8 | Trátase dun traballo escrito individual relacionado coa materia. Será obligatorio o seguimento por parte do profesorado. Valoraranse os coñecementos, habilidades e competencias adquiridas, isto é: o correcto e completo uso das fontes; a capacidade do alumnado para levar á práctica os fundamentos teóricos aprendidos; a orixinalidade e a creatividade, e a capacidade para planificar e xestionar o traballo con autonomía e eficacia. Tamén, valoraranse a corrección idiomática, a estruturación da información (en definitiva, a coherencia do texto final) e a cohesión. |
50 |
Observacións avaliación | |||
1. Cualificarase como Non presentado (NP) a 2. Na segunda oportunidade a avaliación consistirá nun traballo tutelado (50 %) e outras actividades como as incluídas no apartado "Obradoiro" (50 %). Gardarase a nota das actividades que xa foron aprobadas na primeira oportunidade. 3. Na convocatoria adiantada de decembro a avaliación consistirá nunha actividade teórico-práctica proposta con antelación pola persoa responsable da docencia. 4. Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a procedencia, copiar traballos, copiar en exames, ou outras formas) penalizarase de acordo co establecido na normativa académica. Lémbrese que o profesorado dispón de ferramentas para a detección do plaxio, como Turnitin. 5. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal). Alumnado con dispensa académica de exención de asistencia Deben informar á docente da súa condición ao comezo do cuadrimestre e estar especialmente pendentes da comunicación a través do Campus Virtual e do correo electrónico. Os procedimentos e porcentaxes de avaliación serán os seguintes:
As titorías concertaranse por correo electrónico e realizaranse en horas adecuadas tanto para o alumnado como para o profesorado. |
|