Non se poderá aprobar a materia sen ter unha calificación mínima de 5 sobre 10 na proba mixta.
MOI IMPORTANTE: o alumno será avaliado e calificado sempre que se
presente á proba mixta. Recibirá a calificación de "NON PRESENTADO"
cando non se presente ao exame.
Na segunda oportunidade (xullo) os estudantes que suspenderen deberán repetir a proba mixta no lugar e horas fixados polo Centro; o valor da proba mixta na segunda oportunidade será de 100%.
Os alumnos que teñan recoñecida a dispensa realizarán as seguintes
probas: proba mixta (60%) e traballo tutelado (40%). Se abitrarán de
acuerdo co alumno todas as medidas de atención necesarias.
Na convocatoria adiantada a avaliación consistirá nunha proba mixta por valor do 100%.
Calquera forma de plaxio, tanto na proba como nos exercicios suporá o suspenso (nota numérica 0) para o conxunto da materia na convocatoria que corresponda (Regulamento disciplinar do estudantado, art. 11, apartado
4b). O control farase mediante o programa de detección de
plaxios Turnitin, autorizado pola Xunta de Facultade.
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de
medidas encamiñadas ao apoio á diversidade. De ser o caso, deberán
contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais
estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa
Unidade de Atención á Diversidade
(https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa
Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico:
pat.filoloxia@udc.gal).