Os diversos traballos e actividades deben ofrecer un axeitado nivel de corrección lingüística, tanto no plano da ortografía como no da redacción (utilización dun rexistro formal, claridade expositiva, emprego correcto da puntuación...).
Calificaráse con "Non presentado" aos alumnos que non realicen a proba mixta.
Na proba mixta debe acadarse unha nota mínima de 4 para superar a materia.
Na convocatoria de xullo realizaráse unha proba mixta, que contará o 60%. O 40% restante recaerá no traballo tutelado, que será individual e nas actividades e participación nas aulas do alumnado.
Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas doutros autores sin indicar a procedencia, copiar traballos, copiar nos exames, ou outras formas) se penalizará acordo con o indicado na normativa académica. Lémbrese que o profesorado dispón da ferramenta "Turnitin" para a detección do plaxio.
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).
Alumnos con dispensa académica de exención de asistencia
Estes alumnos avaliáranse mediante a proba mixta (60%) mais un trabalho tutelado individual (40%), tanto na primeira oportunidade coma na segunda.