Non se poderá aprobar a materia sen ter unha calificación
mínima de 5 sobre 10 en la prueba mixta.
MOI IMPORTANTE: o alumno será avaliado e calificado
sempre que se presente á proba mixta. Recibirá a calificación de "NON
PRESENTADO" cando non se presente ao exame.
Na segunda oportunidade (xullo) os estudantes que
suspenderen deberán repetir a proba mixta no lugar e horas fixados polo
Centro; o valor da proba mixta na segunda oportunidade será de 100%.
Os alumnos que teñan recoñecida a dispensa realizarán
as seguintes probas: proba mixta (60%) e traballo tutelado (40%). Se abitrarán
de acuerdo co alumno todas as medidas de atención necesarias.
Na convocatoria adiantada a avaliación consistirá
nunha proba mixta por valor do 100%.
Calquera forma de plaxio, tanto na proba como nos
exercicios suporá o suspenso (nota numérica 0) para o conxunto da materia na
convocatoria que corresponda (Regulamento disciplinar do estudantado, art. 11,
apartado 4b). O control farase mediante o programa de detección de plaxios
Turnitin, autorizado pola Xunta de Facultade.
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise
da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade. De ser o caso,
deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos
oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa
Unidade de Atención á Diversidade
(https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI
da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico:
pat.filoloxia@udc.gal).