Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lecturas de Literatura Española. Prosa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A11 A14 A15 A16 A17 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C3 C4 C6 C7 C8 Traballo individual a través do cal o alumnado demostra que asimila e sabe explicar un tema elixido. O traballo terá unha extensión mínima de 10 e máxima de 15 páxinas. 60
Obradoiro A1 A2 A3 A5 A10 A11 A15 A16 A17 B7 B8 B9 B10 C4 Actividade de reflexión, debate sobre as propostas dos temas e dos documentos de base do traballo individual a desenvolver que serán presentados na aula. 20
Presentación oral A1 A2 A5 A11 A15 B1 B4 B7 C4 C6 O alumno deberá hacer unha presentación oral do traballo tutelado co fin de probar a súa capacidade de síntese. Valorarase a reflexión, o espíritu crítico e a expresión, que terá que corresponder co nível da titulación e estar en consonancia coa do traballo. A duración da presentación será de entre 10 e 15 minutos. 20
 
Observacións avaliación
Obterán a cualificación de NP (no presentado) as persoas que non realicen o Traballo individual titorizado.

O
alumnado que suspenda o traballo tutorizado na primeira oportunidade
(xuño), deberá volvelo presentar, corrixindo as deficiencias e
incorporando as melloras indicadas pola profesora.  A data de entrega
do traballo será o mesmo día fixado pola Facultade para o exame oficial
de xullo. No caso de que non se complete a actividade de obradoiro en
xuño, o/a alumno/a fará un exercicio (comentario de texto teatral)
proporcionado pola profesora. A data de entrega do exercicio será o
mesmo día fixado pola Facultade para o exame oficial de xullo.

O alumnado con dispensa académica se adaptará á
presente avaliación, realizando un traballo individual titorizado (60%) e un
comentario de texto teatral (40%). A data de entrega dos exercicios será mesmo día fixado pola Facultade para o examen oficial da materia na primeira ou na segunda oportunidade.

Os exercicios srerán os mesmos para a convocatoria adiantada de decembro.

Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas doutros autores sin indicar a procedencia, copiar traballos, copiar nos exames, ou outras formas) se penalizará acordo con o indicado na normativa académica con un suspenso (nota numérica 0) para o conxunto da materia na convocatoria que corresponda. Cumpre sinalar que a Xunta de Facultade aprobou o uso da aplicación "Turnitin" por parte do profesorado, ferramenta que permite detectar o plaxio. Pode reconocer traballos presentados nesta ou noutras universidades, asi como porcións de textos procedentes doutros textos e sinalar a sua procedencia.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade. De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes