Obterán a cualificación de NP (no presentado) as persoas que non realicen o Traballo individual titorizado.
O alumnado que suspenda o traballo tutorizado na primeira oportunidade (xuño), deberá volvelo presentar, corrixindo as deficiencias e incorporando as melloras indicadas por la profesora. A data de entrega do traballo será o mesmo día fixado pola Facultade para o exame oficial de xullo. No caso de que non se complete a actividade de obradoiro en xuño, a alumno fará un exercicio (comentario de texto teatral) proporcionado pola profesora. A data de entrega do exercicio será o mesmo día fixado pola Facultade para o exame oficial de xullo.
O alumnado con dispensa académica presentarán un traballo tutelado (60%) e un comentario de texto teatral (40%). A data de entrega dos exercicios será o mesmo día fixado pola Facultade para o
exame oficial da primeira ou da segunda oportunidade.
Estes exercicios serán os mesmos para a convotaria adiantada de decembro.
Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas doutros autores sin indicar a procedencia, copiar traballos, copiar nos exames, ou outras formas) se penalizará acordo con o indicado na normativa académica con un suspenso (nota numérica =) para o conxunto da materia na convocatoria que corresponda(Reglamento disciplinar del estudiantado, art. 11, apartado
4b).
Cumpre sinalar que a Xunta de Facultade aprobou o uso da aplicación "Turnitin" por parte do profesorado, ferramenta que permite detectar o plaxio. Pode reconocer traballos presentados nesta ou noutras universidades, asi como porcións de textos procedentes doutros textos e sinalar a sua procedencia.
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade. De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).