Teaching GuideTerm Faculty of Philology |
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Subjects |
Final Dissertation |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2023/24 | |||||||||||||
Subject | Final Dissertation | Code | 613G01041 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 2nd four-month period |
Fourth | Obligatory | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Supervised projects | A1 A2 A3 A5 A6 A7 A9 A11 A14 A15 A18 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B9 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Será valorado polo director do traballo, según o seguinte: 1. Aspectos formais (20%): -adecuación ao formato establecido (véxase abaixo, nas "Observacións") -citas e referencias bibliográficas -presentación xeral do texto (exemplos, gráficos, anexos, etc.) -corrección lingüística. 2. Contido (60%): -estrutura do contido: coherente e adecuada ao tema -claridade expositiva -selección e utilización da bibliografía -resultados e conclusións acordes cos obxectivos expostos. 3. Proceso de realización (20%): -organización, temporalización, autonomía |
70 |
Oral presentation | A5 A6 A9 B4 B6 B7 B9 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Será valorada polo tribunal, según o seguinte: 1. Exposición (35%): -axustada ao tempo -clara e estruturada -corrección e adecuación lingüística 2. Contido do discurso (35%): -capacidade de síntese -atención aos aspectos relevantes do traballo 3. Resposta ás observacións do tribunal (15%): -resposta axeitada a todas as observacións e preguntas 4. Utilización de medios e materiais de apoio (15%) -utilización de forma efectiva e pertinente de medios audiovisuais e/ou materiais de apoio |
30 |
Assessment comments | |||
1. O formato establecido para os traballos é o seguinte: - Terá unha extensión mínima de 9 000 e máxima de 11 000 palabras (para o cómputo non se terán en conta os apartados a), b), c), g) nin h)). Presentarase en PDF con formato A4, con marxes de 2,5 cm, interliñado dobre e letra de 12 puntos. A paxinación dos apartados b) e c) realizarase en numeración romana. - O traballo incluirá: a) Capa, na que figurará, obrigatoriamente, o logotipo e o nome da Universidade, o nome da Facultade, a denominación do grao, o título do traballo, o nome do autor ou da autora, o visto e prace do director ou da directora co seu nome e sinatura electrónica, e o ano de presentación. Non se numerará. b) Índice do traballo con paxinación. c) Resumo do traballo, que dará conta necesariamente de obxectivos, metodoloxía, unha síntese dos contidos e as conclusións e será aproximadamente de 500 palabras. d) Introdución, que deberá incluír os obxectivos do traballo e a explicación e a xustificación da metodoloxía utilizada. e) Traballo. f) Conclusións. g) Referencias bibliográficas h) Anexos (se os houber) 2. A titorización do traballo por parte do director é obrigatoria. Este arbitrará os mecanismos necesarios para o seguimento das diferentes etapas do proceso de elaboración. Non permitirá a presentación e defensa dun traballo que non fose supervisado ao longo da súa elaboración. 3. A cualificación final do traballo é emitida polo tribunal. É necesaria, polo tanto, a presentación oral. 4. Serán cualificados con "Non presentado" os alumnos que no realicen a presentación oral pública ante o tribunal. 5. Calquera falta de honradez académica (plaxio, á dicir, utilización de textos ou ideas de outros autores sen indicar a procedencia, copiar traballos, ou outras formas) penalizarase de acordo co establecido na normativa académica. Lémbrese que o profesorado dispón da ferramenta "Turnitin" e doutras aplicacións para a detección do plaxio e do uso da intelixencia artificial. 6. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal). |
|