Guest lecture / keynote speech |
Nas sesións expositivas o ritmo da clase recaerá fundamentalmente no profesorado, que tratará de achegar ao estudante aos principios, á metodoloxía e ás características propias da investigación literaria. Para que o alumnado se implique nestas sesións procurarase a súa intervención (preguntas-respostas, interpelacións...). |
Workshop |
Combinación de diversas metodoloxías y probas (prácticas guiadas, exposicións, discusións dirixidas, exercicios de comentario, manexo de fontes instrumentais, etc.) a través das que o alumnado se familiariza con distintas técnicas e recursos de investigación, así como con algunhas fontes instrumentais básicas, sempre co apoio e supervisión dos docentes. Nalgún caso, pode solicitarse que revise algunha lectura ou leve a cabo algún exercicio ou tarefa na casa para desenvolvela posteriormente na aula. Unha ou máis desas tarefas poderá(n) ser recollida(s) polo profesorado para a súa avaliación |
Events academic / information |
Aproveitaránse os recursos e medios dispoñibles. Así, os alumnos poderán visitar o Arquivo do Reino de Galica e aproximarse, de xeito directo e práctico, á materialidade do libro e ao funcionamento dun arquivo. No caso de que a visita non puidese levarse a cabo, reemplazaráse esta actividade por outra (visionado dalgún documental, audición dalgunha entrevista ou conferencia de interese accesible en internet...). |
Supervised projects |
Cada estudante deberá preparar un breve traballo sobre algún aspecto do programa que o profesorado lle asignará seguindo as pautas que no seu momento se establezan para a súa presentación. Na primeira fase, o alumno preparará un breve guion que debe discutir cos docentes (despois debe aterse e el para a súa realización). |
Mixed objective/subjective test |
Ao final do curso, na data fixada pola Facultade, o alumno realizará unha proba adicada a verificar a adquisición das competencias da materia, para o cal se lle plantexarán preguntas e exercicios de diverso tipo referidos ao programa, fundamentalmente en relación co traballo tutelado e coas tarefas entregadas, a modo de control da autoría deses materiais. Requerirase, ademáis, que acade un nivel de expresión acorde co dun grao universitario. |