Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Análise Lingüística de Textos Españois
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A5 A10 A11 A15 A16 B1 B5 B7 B10 Durante o cuadrimestre, avaliaranse catro comentarios. Para ser cualificados na materia, debe entregarse un mínimo de tres. E para aprobar hai que obter unha nota media mínima de 5 (sobre 10). 100
 
Observacións avaliación

Na avaliación desta materia, teranse en conta os comentarios realizados (100 %).

As actividades entregaranse a través do Campus Virtual dentro do prazo fixado. A entrega das actividades fóra de prazo penalizarase un 50 % da nota correspondente.

Para superar a materia, debe alcanzarse unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10. Todas as actividades e probas deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, coherencia, etc.); no caso de producirse deficiencias deste tipo, serán penalizadas na cualificación.

O plaxio (a apropiación de textos ou ideas doutros autores sen indicar a súa procedencia), incluso parcial, ou calquera outra falta á ética académica (como a copia), será penalizada de acordo co establecido na normativa académica.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).

CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO (NP)

A cualificación de "Non presentado" será asignada cando o alumno entregue menos de tres comentarios. Estas mesmas condicións serán aplicadas na convocatoria adiantada de decembro.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

O procedemento de avaliación da segunda oportunidade será o mesmo que para a primeira. Os alumnos que non superaron a materia realizarán os comentarios que non fixeron para a primeira oportunidade ou os que foron calificados con menos de 5 puntos. Gardaranse as notas iguais ou superiores a 5.

ALUMNOS CON DISPENSA ACADÉMICA

Os procedementos e as porcentaxes serán os mesmos que para o resto dos alumnos nas dúas oportunidades. Entregarán as actividades a través do Campus Virtual e concertarán as titorías por correo electrónico.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes