Lecturas |
A maior parte dos contidos do curso recóllense no dosier de lecturas obrigatorias: a relación destas lecturas facilitarase ao inicio de curso. As lecturas poden estar en diversos idiomas: as linguas básicas da materia son o galego, o castelán e o inglés. O/a estudante deberá ler os materiais correspondentes a cada tema antes de tratarse na aula, seguindo as indicacións do profesor/a. |
Traballos tutelados |
O/a estudante deberá realizar un ou dous traballos académicos individuais. O tema será determinado polo profesor, e este proporcionará as indicacións e guía necesarias nas titorías. O/a estudante deberá informar regularmente ao profesor sobre o desenvolvemento do traballo, consultarlle as súas dúbidas e atender as súas indicacións. |
Obradoiro |
Denominamos así a combinación coordinada de varias metodoloxías das aquí recollidas cun obxectivo común a respecto dun tema ou cuestión: minidebates, textos complementarios, actividades prácticas en grupo, análise contrastiva de propostas de diferentes autores, escolas ou momentos históricos, solución de problemas, estudo de casos...: todo isto de forma secuencial e combinada, perseguindo un propósito único de adquisición de determinados contidos e desenvolvemento de certas competencias.
Todo este traballo do alumno avaliarase no apartado de "Asistencia e participación", e algunhas das tarefas (individuais ou colectivas) avaliaranse especificamente no apartado de "Actividades realizadas". |