Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno: Italiano
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A2 A8 A10 A15 A19 C4 Proba escrita con preguntas de diverso tipo para avaliar os coñecementos e as distintas competencias acadadas. 45
Proba oral A1 A3 A10 A14 B3 B6 B9 C3 Avaliarase os coñecementos e competencias relativos ao nivel falado da lingua. 35
Actividades iniciais A1 A3 A10 A20 A22 B1 B7 Considerase actividades iniciais o conxunto das seguintes actividades: exercizos, redacións, participación nas aulas, lecturas, audicións e participación nas actividades programadas relacionadas coa materia.
20
 
Observacións avaliación



















Criterios de avaliación: na primeira
oportunidade, o alumnado ten que cumprir as seguintes condicións: aprobar o
conxunto da Proba mixta e da Proba oral e entregar as actividades propostas na
avaliación cunha nota mínima dun 5. Non se terán en conta as actividades
entregadas fóra de prazo. No caso de non aprobar o conxunto da probas oral e
escrita a nota final será un 4. A proba oral terá lugar nas últimas aulas do
mes de decembro.



Considerarase como Non Presentado aquel alumno
ou alumna que non se presenten ás Probas mixta e oral. Os exercicios terán que
entregarse semanalmente. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser
incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de
traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo
mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias,
poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación,
revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado
universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).



En calquera actividade avaliábel
a falta de honradez académica implicará que o/a estudante sexa cualificado/a
con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se producir na primeira oportunidade
como na segunda. Para isto, modificarase a súa cualificación na acta de
primeira oportunidade, se for necesario.



Na segunda oportunidade se a/o estudante
aprobou o conxunto das probas mixta e oral so terá que completar as actividades
restantes. Os exercicios poderán entregarse até 2 semanas antes do exame. Non
se aceptarán exercicios fora deste prazo. A proba oral se realizará o mesmo día
do exame. Se os/as alumnos/as non aprobaron o conxunto das probas mixta e oral
terán que repetilas na sesión de xullo aínda que se
teña un 5 nunha das dúas probas. No caso de non ter feitas o
suspensas as demais actividades tamén terá que repetilas. Ao comezo do curso darase
un calendario de entrega dos traballos e as diferentes actividades da avaliación.



O alumnado con dispensa académica de
asistencia e a tempo parcial deberá presentarse ao comezo do curso para recibir
indicacións sobre como aprobar o exame, e recibir avaliación continua ao longo
de todo o curso. Terán que examinarse nas datas oficiais como o resto dos
alumnos e entregar ou realizar o resto das actividades nunha data a convir coa
profesora.



No caso de ter alumnos/as na convocatoria de
decembro, o alumnado terá que superar as mesmas probas da convocatoria de
xaneiro coa mesma porcentaxe.

Segundo se recolle nas distintas normativas de
aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de
xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de
autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e
alumnas, entre outras medidas).



Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e
influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade.



Deberanse
detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións
e medidas para corrixilas.









A materia poderá ser adaptada aos/ás
estudantes que precisaren da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á
diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada
coa saúde mental). De ser o caso, os/as alumnos/as deberán contactar cos servizos
dispoñíbeis na UDC / no centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira
previa a cada  cuadrimestre académico,
coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI); pódese contar amén co assomamento da titora ADI da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).




Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes