Sesión maxistral |
Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. |
Obradoiro |
Nas sesións de docencia interactiva, co apoio do profesorado da materia, realizaranse diversas actividades prácticas, en que se inclúen exercicios escritos, solucións de problemas, probas de discriminación, discusións dirixidas, probas de completar, corrección de textos, aplicación de normas, análise de fontes documentais, prácticas a través de TIC, traballo en grupo e aprendizaxe colaborativa. Alén destas actividades prácticas, destinadas á consolidación dos contidos presentados na "Sesión maxistral", no "Obradoiro" daranse as pautas para poder elaborar as prácticas de entrega englobadas nas metodoloxías denominadas "Solucións de problemas" e "Presentación oral". |
Estudo de casos |
Como complemento á "Sesión maxistral" e ao "Obradoiro", o alumnado deberá realizar unha serie de ACTIVIDADES PRÁCTICAS non presenciais de aplicación dos contidos teóricos á práctica. As instrucións para a realización e entrega do traballo tutelado daranse no inicio do curso e estarán penduradas no Campus Virtual da UDC. |