Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir globalmente unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Na proba mixta terá de obter como mínimo 4 puntos sobre 10 para poder sumar os restantes elementos de avaliación. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non realizar a proba mixta e/ou cando tiver entregado menos de 50% do número de actividades totais.
O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado e deberán cumprir unha esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión lexica, rexistro formal etc.); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento Exixencias mínimas de corrección lingüística (aprobado pola Sección Departamental de Galego-Portugués no día 06.07.2018 e pendurado en Moodle). Por outra parte, calquera falta de honradez académica (plaxio, isto é, utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a procedencia, copia de traballos, copia nos exames, ou calquera outra forma de actuación similar) será penalizada de acordo co estabelecido na normativa académica.
O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante. Se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico. Tamén deberán contactar co profesorado aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co seguimento da materia, mais que non cumpriren as condicións para obteren a dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderán ter condicións de avaliación equivalentes aos casos da dispensa académica.
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precisar da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); ou, alternativamente, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).
Na segunda oportunidade, en xullo, será tida en conta a seguinte distribución: proba mixta (50), traballo tutelado (30), lecturas (20). Se houber convocatoria adiantada de decembro, os criterios de avaliación serán os mesmos que os de xullo.