Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Lingua Galega e Comunicación Oral |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua Galega e Comunicación Oral | Código | 613G02021 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A1 A4 A15 A21 A23 B1 B3 B8 B10 | A participación no 80% das prácticas do obradoiro (e o seu consecuente rexistro) será una condición indispensábel para poder ser avaliado. O obradoiro será avaliado através do portafolio dixital até ao 40% da cualificación total posíbel. |
40 |
Traballos tutelados | A2 A4 A9 A15 A21 A25 B1 B2 B3 B4 B6 C3 C4 | Cada un dos dous traballos será avaliado até un 20% da cualificación final. Valorarase fundamentalmente a aprendizaxe autónoma e o grao de consecución das destrezas propias da materia. | 40 |
Presentación oral | A4 A15 A21 B3 B4 B6 C1 C3 C6 | Serán valorados a calidade fonética, os recursos e as estratexias expositivas empregadas, a coherencia e a cohesión do discurso, a clareza da exposición etc. | 20 |
Observacións avaliación | |||
Cuestións Para superar a materia, Serán requisitos indispensábeis: (1) participar nun mínimo do 80% das prácticas do obradoiro e realizar os dous traballos tutelados; (2) obtener unha cualificación mínima equivalente a 4 valores sobre 10 en cada un dos traballos tutelados. A persoa que non realizar os dous traballos tutelados será considerada NON PRESENTADA, ben como quen non entregar ningunha das actividades contempladas na avaliación. O alumnado terá de entregar Matrícula parcial e dispensa académica As persoas con matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica deberán porse en contacto co docente en horario de titorías ou a través do correo electrónico. Estas persoas acompañarán o curso a través das ferramentas de comunicación asíncrona determinadas polo docente nos prazos específicos que se estabelecerán a tal efecto, que o profesor comunicará ao alumnado atinxido ao inicio do curso e que estarán publicados no campus virtual. Aplicaranse os mesmos criterios de avaliación e as metodoloxías pasarán a ser asíncronas. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada Na segunda oportunidade (xullo) e na convocatoria adiantada de decembro haberá que realizar os mesmos traballos e probas que na primeira e o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior. Caso de non ter realizado durante o cuadrimestre algunha das actividades avaliábeis, abrirase un novo prazo para a súa presentación. Antes da data oficial do exame teñen de ser entregados os "Traballos tutelados". No caso da "Presentación oral", As persoas que se matricularen na convocatoria adiantada de decembro deberán contactar co profesor antes de o mes de novembro concluír. Honestidade académica Salvagardando en todo o momento os dereitos de autoría e protexendo os datos dos mesmos, os traballos académicos presentados polo alumnado da materia poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio ou de presentación do mesmo exercicio en varias materias. De se producir algunha destas circunstancias, o traballo ficará anulado e activaranse as medidas recollidas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC". Apoio á diversidade A materia poderá ser adaptada
|
|