Teaching GuideTerm Faculty of Philology |
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Subjects |
Galician Language and Society |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2023/24 | |||||||||||||
Subject | Galician Language and Society | Code | 613G02025 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 2nd four-month period |
Third | Obligatory | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Oral presentation | A1 A9 A11 A14 A15 A25 B1 B3 B6 B7 B8 | Cada estudante deberá facer unha presentación oral do traballo tutelado. Serán valorados os resultados da pesquisa, o rigor expositivo, a calidade da lingua utilizada e os recursos e estratexias expositivas empregadas. | 10 |
Workbook | A2 A11 A14 A15 A19 A23 A25 A27 B1 B3 B6 B7 B8 B9 C4 C6 C8 | Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor. Serán avaliadas tanto nas actividades do Obradoiro como na proba mixta. | 10 |
Workshop | A1 A2 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B6 B7 B9 C4 C6 | Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (análise de textos, estudo de fontes documentais etc.). | 10 |
Supervised projects | A1 A2 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A25 A27 B1 B3 B6 B7 B8 B9 C4 C6 C7 C8 | Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4). | 20 |
Mixed objective/subjective test | A1 A2 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A25 A27 B1 B3 B6 B7 | Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valoradas cuestións tales como os contidos, as lecturas, a clareza e rigor expostivo e a calidade lingüística das respostas. | 50 |
Assessment comments | |||
1. Observacións xerais Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle). O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. A entrega de actividades fóra de prazo será penalizado na cualificación. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados á ferramenta para a detección de plaxio Turnitin. Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas de outros autores sen indicar a procedencia, copiar traballos, copiar en exames, ou outras formas) penalizarase de acordo co establecido na normativa académica 2. Requisitos para superar a materia Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir globalmente unha cualificación igual ou superior a 5 valores sobre 10. Na proba mixta deberá obter como mínimo 4 valores sobre 10 para poder sumar os restantes elementos de avaliación. 3. Oportunidade de xullo Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na ocasión anterior, só que o "Traballo tutelado" pasará a ser puntuado con 3 valores, absorvendo así o "Obradoiro". O "Traballo tutelado" será entregue na data oficial do exame. No caso da "Presentación oral", marcarase un día para a súa realización. 4. Convocatoria adiantada de decembro Consistirá na realización dunha proba escrita (60% da cualificación) e na entrega, o día da proba, dun traballo tutelado previamente fixado polo profesor (40%). 5. Non presentado/a Será considerado NON PRESENTADO/A o/a estudante quen non se presente á proba mixta. 6. Dispensa académica e matrícula parcial As persoas que teñan dispensa académica terán condicións especiais de avaliación: - Proba mixta (50%). Para concretar as características das actividades, o/a estudante deberá pórse en contacto co profesor antes do día 15 de febreiro. 7. Alumnado con incompatibilidade por razóns horarias ou laborais O alumnado repetidor que non poida asistir ás aulas e o alumnado que tiver horario laboral incompatíbel co seguimento da materia mais que non cumpra as condicións para obter a dispensa académica deberá comunicalo ao profesor a través dun correo electrónico antes do 15 de febreiro. Após as pertinentes comprobacións, o profesor confirmará se as condicións de avaliación serán equivalentes aos casos da dispensa académica. 8. Apoio á diversidade A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC ou no centro nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre académico (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado ou coa titora ADI da Facultade de Filoloxía a través do correo electrónico pat.filoloxia@udc.gal). |
|