Os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade, deberán realizar na segunda oportunidade de novo a proba mixta cunhas características similares á da primeira oportunidade; ademais deberán realizar dous traballos previamente acordados co profesor, un para compensar a porcentaxe da nota dos traballos tutelados do período de clases (é decir, o 25 % da cualificación final) e outro para compensar a porcentaxe da nota que corresponde á aprendizaxe colaborativa e mais ás sesións maxistrais (é dicir, o 25 % restante). Para a convocatoria de decembro rexe exactamente o mesmo que para a segunda oportunidade.
Os alumnos que, por teren dispensa académica, non asistan ás sesións maxistrais e prácticas deberán concertar unha tutoría presencial co profesor ó inicio do cuatrimestre que corresponda (e, en todo caso, non mais tarde da segunda semana de clases) para programar un calendario de tutorías e actividades que serán supervisadas polo profesor coa finalidade de garantir a aprendizaxe dos contidos da materia. A avaliación consistirá nunha proba mixta, que terán que realizar na mesma data e lugar sinalados para os restantes alumnos e que corresponderá ó 50% da nota final. O 50 % restante da nota corresponderá ós traballos e/ou lecturas obligatorias que o alumno teña feito durante o cuatrimestre e que serán cualificados polo profesor. Na segunda oportunidade seguiráse a mesma norma ca para os alumnos sen dispensa académica, é decir, proba mixta (50 %) e dous traballos a razón do 25 % da nota para cada un deles.
En cada unha das oportunidades os alumnos recibirán a cualificación de Non Presentado en caso de non térense presentado á proba mixta.
Calquera falta de honradez académica (plaxio, es dicir, utilización de textos ou ideas de outros autores sen indicar a procedencia, copiar traballos, copiar en exames, ou outras formas) penalizarase de acordo co establecido na normativa académica.
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal)