Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Traballo Fin de Grao |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Traballo Fin de Grao | Código | 613G02041 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A1 A2 A3 A6 A10 A14 A15 A18 B1 B2 B3 B7 B9 B10 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Será valorado polo/a director/a do traballo segundo o seguinte: 1. Aspectos formais (20%): adecuación ao formato establecido, presentación xeral do texto (exemplos, gráficos, anexos etc.), corrección lingüística. 2. Contido (60%): estrutura do contido (coherente e adecuada ao tema), clareza expositiva, selección e utilización da bibliografía, resultados e conclusións acordes cos obxectivos expostos. 3. Proceso de realización (20%): organización, temporalización, autonomía. |
70 |
Presentación oral | A9 B4 B6 C1 | Será valorada polo tribunal segundo o seguinte: 1. Exposición (35%): axustada ao tempo, clara e estruturada, corrección e adecuación lingüística. 2. Contido do discurso (35%): capacidade de síntese, atención aos aspectos relevantes do traballo. 3. Resposta ás observacións do tribunal (15%): resposta axeitada a todas as observacións e preguntas. 4. Utilización de medios e materiais de apoio (15%): utilización de forma efectiva e pertinente de medios audiovisuais e/ou materiais de apoio. |
30 |
Observacións avaliación | |||
1. O formato establecido para os traballos é o seguinte:
2. A titorización do traballo por parte do director é obrigatoria. Este arbitrará os mecanismos necesarios para o seguimento das diferentes etapas do proceso de elaboración. Non permitirá a presentación e defensa dun traballo que non fose supervisado ao longo da súa elaboración. 3. A cualificación final do traballo é emitida polo tribunal. É necesaria, polo tanto, a presentación oral. 4. Serán cualificados con "Non presentado" os alumnos que no realicen a presentación oral pública ante o tribunal. 5. Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas de outros autores sen indicar a procedencia, copiar traballos, ou outras formas) penalizarase de acordo co establecido na normativa académica. Lémbrese que o profesorado dispón da ferramenta "Turnitin" e doutras aplicacións para a detección do plaxio e do uso da intelixencia artificial. 6. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal). |
|