Para aprobar a materia, os alumnos deben conseguir unha media de cinco (5) entre as dúas metodoloxías avaliables: proba mixta e obradoiro.
Na segunda oportunidade, conservarase a cualificación positiva, se a houber, e o alumnado repetirá o exercicio da proba mixta.
Os alumnos con dispensa académica deberán informar da súa condición ao profesor ao comezo do curso e deberán presentar un traballo individual (50%), seguindo as indicacións da profesora, e un comentario de texto (50%).
Cualificarase con Non presentado o alumnado que non se presente á proba mixta.
O sistema de avaliación será o mesmo (proba mixta + obradoiro) para o alumnado que se presente á convocatoria de novembro/decembro.
Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados á ferramenta para a detección de plaxio Turnitin. Calquera indicio de plaxio conlevará a cualificación de cero
(0) para o conxunto da materia (Regulamento disciplinar do estudantado, art.
11, apartado 4b).
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de
medidas encamiñadas ao apoio á diversidade. De ser o caso, deberán
contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais
estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa
Unidade de Atención á Diversidade
(https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa
Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico:
pat.filoloxia@udc.gal).