Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Historia |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Historia | Código | 613G03009 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Proba obxectiva | Exame escrito tipo test sobre contenidos de asignatura. Faranse ao longo do curso varias probas parciais de contidos previamente explicados en clase. Na proba final o alumnado non volta a examinarse dos contidos dos tests aprobados. A data destes parciais será comunicada verbalmente na clase e tamén a través de Teams. |
Obradoiro | Debate na aula na base do libro Os Pazos de Ulloa, dos capítulos previamente indicados ao alumnado e lidos por este con anterioridade, en horas non presenciais. A profesora encargada do obradoiro dirixirá o debate. Deberán participar todos os alumnos matriculados (agás aqueles con dispensa académica e, se así o desexan, os repetidores). Valorizaranse as intervencións de cada alumno ao longo do obradoiro. No apartado de Avaliación (Observacións 3.) indícase o traballo que sustitúe a asistencia a estas clases no caso do alumnado repetidor ou con dispensa académica. |
Lecturas | Lecturas complementarias, por conta do alumnado, do material bibliográfico recomendado polo profesor e relacionado coas leccións do temario. |
Sesión maxistral | Exposición oral a cargo do profesor, centrada nos contidos do programa da materia. O seguimento das sesións maxistrais constitúe unha conditio sine qua non pra debater de maneira axeitada nas clases interactivas. |
Discusión dirixida | Debate na aula na base de materiais previamente indicados polo profesor e lidos polo alumnado en horas non presenciais. O profesor dirixirá o debate. Deberán participar todos os alumnos (agás aqueles con dispensa académica e os repetidores con incompatibilidade horaria), o que implica a asistencia obrigatoria ás sesións interactivas. No apartado de Avaliación (Observacións 8 e 9.) indícase o traballo que sustitúe a asistencia á clase interactiva no caso do alumnado repetidor ou con dispensa académica. |
|